Puntualidade dos trens en Galicia
Porcentaxe de trens de Renfe en Galicia que chegan con menos de 5 minutos de atraso, segundo o tempo real de Renfe. Actualízase cada minuto.
Cargando o estado en directo…
Como se calcula
Cada 2 minutos gárdase o atraso que publica Renfe para cada tren de Galicia (Media Distancia, Rexionais, Avant e Alvia).
Un tren conta como puntual se o último atraso coñecido é menor de 5 minutos e non foi cancelado. Os trens que aínda están en camiño contan co atraso que levan agora.
Só se contan os trens dos que Renfe publica datos en tempo real. Os datos son os de Renfe: Radar Trens Galicia non os corrixe.